• Slider Image

                 16 de novembro: na REDE celebramos o Día Mundial do Patrimonio

Diversas entidades adheridas a Rede do Patrimonio organizan actividades moi diversas ao longo de todo o territorio.

Dende o 9 ao 25 de novembro, conferencias, mesas redondas, rutas, visitas, concertos, recollida de tradición oral, encontros, limpeza de xacementos, xornadas de investigación e divulgación, publicacións de guías, concursos fotográficos, difusión de catálogos, xestos de agarimo ao noso….

E para todas as idades! infantil, primaria, adultos…

Coma sempre elaboramos o mapa de actividades para que poidades escoller.

Bulide! Queremos #QueSeVexaOPatrimonio #DíaDoPatrimonio2019 #RedeDoPatrimonio

Aqui tedes o Mapa das Actividades do Día do Patrimonio 2019

Asociación Roxin Roxal-Fundación Uxío Novoneyra
Día:9 de novembro
Lugar: O Caurel
Xornada MuseoEscolas
Encontro entre docentes interesados no uso dos museos e os territorios como recursos educativos interdisciplinares.

Asociación Amigos dos Castros e Fundación Terra Termarum Castrolandín

 

Día:15 e 16 de novembro

Localidade: Cuntis

A Asociación Amigos dos Castros e a Fundación Terra Termarum Castrolandín, coa inestimable colaboración do CPI Aurelio Marcelino Rey García, convocan aos veciños e amigos do patrimonio de Cuntis a unha xornada de divulgación que rematará cun abrazo a muralla do castro e gran fotografía.

Asociación Amigos do Patrimonio do Castroverde

A FORTALEZA E A SÚA CONTORNA QUE PASEN A SER DE DOMINIO PÚBLICO

 

Día: 16 de novembro

Hora e localidade: 9:30 en Castroverde

Respondendo á chamada mundial en defensa do Patrimonio o vindeiro 16 de outoniño, esta asociación celebra dita efeméride facendo unha chamada ás administracións oficiais e entidades privadas para activar a reversión inmediata ao dominio público da Fortaleza de Castro Verde e o seu conxunto histórico, con especial incidencia na urxente recuperación do acceso libre á cisterna orixinaria do castelo medieval, cuxa senda de entrada permanece actualmente atrancada por un particular, impedindo a visita e posta en valor do seu monumental pozo de grandes dimensións e cuberta en bóveda, un dos recursos mellor conservados na croa do Castro sobre o que se ergue o emblema do poder señorial na Terra de Castro Verde.

Durante a mañá do sábado 16, os asistentes realizarán un novedoso roteiro que partindo da parroquia de Bolaño percorrerá a traza dos vellos camiños que comunican a cova da Valiña e Castro de Xivil co conxunto castrexo e medieval da capital municipal, á beira do curso alto do río Chamoso e da cova das Vitureiras, unha antiga rede viaria acondicionada pola brigada municipal a tal efecto e que permitirá recuperar o diálogo con este privilexiado entorno e a reconciliación co seu ilustre pasado.

Programa:

9:30 h. en Castro Verde

10:00 h. na Cova da Valiña

10:00 h.-13:30 h, percorrido da Cova da Valiña- Bolaño ata a Fortaleza.

14:00 h. Xantar.

Contaremos coas explicacións do historiador e socio Ricardo Polín.

Comunicar asistencia antes do día 10 de novembro por motivo de organización (autobus e xantar) a: amigospatrimoniodecastroverde@gmail.com ou ao 659 523960

Asociación Cultural Os Penoucos

PRESENTACIÓN DE WEB

Día: 16 de novembro

Localidade: Valga

Coincidindo co Día do Patrimonio Mundial realizarase o lanzamento e presentación da web obaixoull.gal | patrimonio + territorio + paisaxe que terá lugar en Valga, na Casa de Rosalía.

Asociación Monte Pituco (Pornedo)

III XORNADAS POLA PROTECCIÓN E POSTA EN VALOR DO PATRIMONIO DE SAN XIÁN

 

Días: 15 e 16 de novembro

Hora e lugar: o día 15 ás 20:30 na Adega A Capeleira

o día 16 a partir das 10:00 na arboreda do Monte Pituco

O colectivo Monte Pituco celebrará os días 15 e 16 de novembro as ‘III Xornadas pola protección e posta en valor do patrimonio de San Xián’, dedicadas ao legado do mestre marinense -e experto en arqueoloxía- Carlos Paratcha Vázquez.

A primeira sesión será o venres 15 ás 20:30 horas na Adega A Capeleira, coa participación do doutor José Casal e do arqueólogo Antonio de la Peña nunha ‘barferencia’ na que se trazará o perfil biográfico de Paratcha.

Trala homenaxe, ao día seguinte, sábado 16, co gallo do Día Mundial do Patrimonio Cultural, realizarase unha andaina a partir das 10:00 horas dende a arboreda do Monte Pituco, para visitar varios xacementos que descubriu, como os conxuntos rupestres do Pornedo, A Carrasca e Champás.

No marco das III Xornadas pola protección e posta en valor do patrimonio de San Xián, o colectivo Monte Pituco volveu convocar por segundo ano o Certame Fotográfico ‘O balcón da ría’. A participación consiste en tomar imaxes do Monte Pituco e dos arredores, e compartilas nas redes sociais etiquetando en Instagram o perfil “obalcondaria” ou en Facebook a páxina “Salvemos o Monte Pituco (Pornedo)”. Admitiranse fotografías da paisaxe, da flora e da fauna, dos mananciais, dos xacementos arqueolóxicos, dos sendeiros e doutros elementos que realcen o valor visual, natural e cultural da zona, acompañándoas cun breve texto descritivo.

O venres 15 de novembro, ao remate da ‘barferencia’ de José Casal e Antonio de la Peña na Adega A Capeleira, entregaranse agasallos ás autoras e autores das imaxes máis valoradas. O prazo para achegar instantáneas permanecerá aberto ata o domingo 10 de novembro.

Asociación para a defensa do Patrimonio Cultural Galego (APATRIGAL)

VISITA AO INTERIOR DO MODERNISMO DE VERÍN

 

Día: 16 de novembro

Localidade: Verín

O día 16 de novembro teremos a oportunidade única de visitar os edificios e espazos deseñados por García Barbón e Vázquez Gulías na vila de Verín grazas á colaboración xenerosa dos propietarios, de Cabreiroá, e do Concello de Verín, coa colaboración do COAG-OUrense (Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia) e do Museo Virtual Daniel Vázquez-Gulías

https://www.facebook.com/apatrigal/

Asociación Profesional de Guías de Galicia

MESA REDONDA:PATRIMONIO E SOSTENIBILIDADE 

Día: 14 de novembro

Lugar: Lugo

A Asociación Profesional de Guías de Galicia participará na Mesa Redonda: Patrimonio e Sostenibilidade
Con  motivo do Día Internacional do Patrimonio a Rede Museística da Deputación de Lugo organiza unha serie de actos ao longo do mes de novembro para poñer en valor o Patrimonio Cultural da provincia de Lugo, Estes actos terán lugar
Xoves, día 14 de novembro de 2019.
Ás 18:00 horas, na Sala Multiusos do Museo Provincial de Lugo, mesa redonda sobre Patrimonio e sostibilidade, moderada por Encarna Lago González, xerente da Rede Museística da Deputación de Lugo, que contará coas intervencións de:
– Mónica Díaz e Beatriz Pérez Pereira, da Asociación de Guías de Galicia.
– Pilar Sánchez Monje, de O sorriso de Daniel.
– Silvia Fiallega Lorenzo, da Rede Museística da Deputación de Lugo.
– María Núñez Pertejo, da Axencia Tee-Travel.
– Xosé Figueroa Lorenzana, do Pazo de Sabadelle Ecoagroturismo.

O Suído

VICVS

Día: 16 de novembro

Lugar: Reitoral de Fofe, Lugar da Aldea de Arriba, 13 O Chafallón – Fofe, Covelo.

Visita guiada polo territorio onde se desenvolven as tramas da serie da novela negra VICVS, na serra do Suido, da man do autor Beto Luaces

A participación na actividade está aberta a todos os públicos previa inscrición. Actividade aprazada

https://www.facebook.com/osuido/

Asociación Petón do Lobo e Asociación Galega Cova Crea

ROTEIRO POLO PATRIMONIO DO VAL FLUVIAL DO LOURIDO: TRAS OS 46 DÓLMENES CÉLTICOS DE CUDEIRO-CORCOESTO

Día: 16 de novembro

Hora e localidade: ás 10:00 en Baralláns (Corcoesto)

 

O roteiro polo patrimonio do val fluvial do Lourido (localizado entre os concellos de Cabana de Bergantiños e Coristanco) comezará ás 10 horas no lugar de Baralláns, na parroquia de Corcoesto e rematará ás 13:30 nun xantar na carballeira de Santa Mariña de Remuíño. A participación está aberta ó público.

https://www.facebook.com/PETONDOLOBO

Asociación CRD Entroido de Samede

PRIMEIRA XUNTANZA TRADICIONAL EN SAMEDE

Día: 23 de novembro

Hora e lugar: A partir das 11:00 no Local Social de San Xulián de Vigo

Obradoiros de sombreiros e colares de entroido, cantar comunitario, presentación do libro. “Historia e Recuperación do Entroido  de Samede.”

Magosto.

Participación dos Sidros de Asturias

Colectivo A Rula

OBRADOIRO DE ARTE RUPESTRE 

Día: 10 de novembro

Lugar: Teo

Dentro do programa de actividades da Feira do San Martiño 2019, realizaremos un obradoiro de arte rupestre deseñado para o público familiar. Adiantámonos uns días á celebración do Día do Patrimonio para participar neste gran evento social e da cultura popular da bisbarra compostelá.
O noso compañeiro, o artesán e debuxante Fran Ameixeiras, ten preparadas un amplo abano de actividades relacionadas coa arte rupestre para divertirnos xuntos e coñecer os petróglifos teenses.

Vinde o San Martiño!!!.

Actividade organizada en colaboración co Concello de Teo e incluída na oferta de actividades da Rede do Patrimonio Cultural co gallo do Día do Patrimonio Mundial (16 de novembro).

Mariña Patrimonio

 

COÑECER O PATRIMONIO DE LUGO FÓRA DE MURALLAS

Día: 23 de novembro

Localidade: Lugo

Máis info

https://www.facebook.com/marinhapatrimonio/

A actividade estará aberta ó público previa convocatoria.

Asociación Cultural Apelón Educación

 

DÍA DO PATRIMONIO: MUGARDOS ROMANO

 

Día: 16 de novembro

Hora e localidade: ás 17:30 en Mugardos

A partir das 17:30 terá lugar un Obradoiro de Perfumes e unha visita guiada aos Baños Romanos do Centro de Interpretación Caldoval que serán de balde. A continuación farase unha merenda (a escote, 3€)

https://www.facebook.com/apeloneducacion

O Sorriso de Daniel

ROTEIRO POLO ALBEOS MEDIEVAL

Data: 17 de novembro

Localidade: Albeos (Crecente)

Visita a igrexa de San Xoán e San Paio de Albeos, o mosteiro de San Salvador de Albeos (máis coñecido como San Paio), o Pazo da Fraga e a Torre de Fornelos

Neste enlace podedes anotarvos para a andaina polo Albeos Medieval https://forms.gle/JcoofTekknw6U3318

http://osorrisodedaniel.blogspot.com

Irmandade de San Estevo

 

ROTEIRO NATURAL E ARQUEOLÓXICO

Día:sábado 16 de novembro

Hora e localidade:10.00-Concello de Barreiros

Roteiro Natural e Arqueolóxico organizado pola Irmandade Santo Estevo

 

Irmandade de Augas Santas

ROTEIRO ESCOLAR

Día: 14 de novembro

Localidade: Barreiros

A Irmandade Augas Santas organiza un roteiro para o xoves 14 de novembro cos alumnos do CEIP San Cosme para concienciar ós nenos da importancia da divulgación, conservación e defensa do noso Patrimonio.

Amigos do arqueolóxico de A Coruña

XEIRA A COMPOSTELA

 

Día: 15 e 16 de novembro

Localidade: A Coruña-Santiago de Compostela

15 de novembro-Conferencia a cargo de Felipe Arias-“Museos: patrimonio, exposición e público

O ano pasado, co gallo do 50 cumpreanos do Castelo de San Antón como Museo Arqueolóxico nesta asociación de Amigos do Arqueolóxico comezamos unha serie de charlas-conferencias, que pretendemos sexan anuais, baixo a temática xeral de “a arqueoloxía nos museos”.

Para celebrar este ano o 51 aniversario do Museo Arqueolóxico, o próximo venres, día 15 de Novembro, ás 8,00 da tarde, teremos como conferenciante ó arqueólogo Felipe Arias Vilas, quen durante moitos anos foi o director do Museo do Castro de Viladonga; ten realizado gran cantidade de intervencións en toda Galicia, e ocupou o cargo de Director Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia, entre outras cousas.

Pequeno coloquio.

Agardamos a vosa presencia.

16 de novembro-Arte en Compostela
Dedicaremos a xornada a unha doble visita cun interese excepcional. Pola mañá acudiremos ata a Cidade da Cultura para ver a exposición “Galicia, un relato no mundo”, que trae á nosa terra un conxunto de obras de arte, libros e documentos de enorme valor histórico, moitos deles nunca vistos na nosa comunidade, como a Biblia Kennicott, o mapa de Sawley ou o Códex Aretinus, a fermosa Santa de Asorey, o guerreiro castrexo de Lesenho, etc.
Despois de xantar na hospedería de San Martiño Pinario, temos concertada unha visita guiada ao Pórtico da Gloria, logo da súa limpeza, para sermos testemuñas da súa recuperada policromía.
O número máximo de asistentes será de 30, dado que ese é número máximo que permiten para grupos no Pórtico. Hora de saída. 9,30 horas, dende as paradas habituais (Porta Real, praza de Ourense, Catro Camiños, Paxariñas).
https://www.facebook.com/events/2538818559527976/

Amigas e amigos do museo de Pontevedra

CONGRESO SOBRE PATRIMONIO CULTURAL

Día: 12 de novembro

Hora e lugar: ás 20:00 na Casa das Campás (Pontevedra)

As Amigas e Amigos do Museo de Pontevedra organizamos unha nova sesión do Congreso sobre Patrimonio cultural para o martes 12 de novembro, ás 20h, na Casa das Campás (Pontevedra). Desta volta o historiador da Arte, Daniel Lucas Teijeiro Mosquera, falará dos produtos de fundición de Sargadelos, polo que esta será a nosa actividade para o Día Internacional do Patrimonio 2019, á que vos convidamos.

Buxa Asociación Galega do Patrimonio industrial

PREPARACIÓN INFORME DE CONSERVACIÓN

En Buxa, Asociación Galega do Patrimonio Industrial, o que estamos a preparar un informe de apoio á conservación da liña de vagonetas de transporte teleférico de arxilas e outros materiais dende a Mina Mercedes ao embarcadoiro fluvial de As Caneiras, no termo municipal de Valga.

ENTREGA DOS PREMIOS DO II CERTAME DE RECOLLA DE IMAXES DO PATRIMONIO

Día:

Mércores 13. Presentación do II Concurso de Podcasts (En Compostela ).

Xoves 16. Día Internacional do Patrimonio. Lanzamento aos centros do
III Certame ” As imaxes do patrimonio ”

Luns 25. Acto de entrega dos premios do II Certame ” As imaxes do
patrimonio “.s 11:30 no Auditorio da Asociación Veciñal Valadares (Vigo)

A Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte…nas ondas! celebrará o Día do Patrimonio realizando varias actividades.

COLECTIVO PATRIMONIO DOS ANCARES

VISITA A ELEMENTOS PATRIMONIAIS DA VÍA DE KÜNIG
Día: 16 e 17 de novembro
Lugares: As Nogais, Becerreá, Baralla, O Corgo de Lugo
Con motivo da celebración o día 16 de novembro do Día do Patrimonio Mundial, dende o Colectivo Patrimonio dos Ancares organizamos unha serie de visitas a distintos elementos patrimoniais da denominada como  Vía de Künig.
Entre o sábado e o domingo próximos achegarémonos ata a torre de  Doncos (As Nogais), a igrexa mosteiral de Penamaior (Becerreá), a igrexa de Pacios (Baralla), Hospital de Chamoso (O Corgo) e o  convento-fortaleza de Conturiz (Lugo).

/

Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA)

IV XORNADAS DE ANTROPOLOXÍA DE SAGA

 

Día: 22, 23 e 24 de novembro

Lugar: Espazo cultural Nemonon (Pontevedra)

Este ano as IV Xornadas de Antropoloxía da Sociedade Antropolóxica Galega: ”Viaxe e Antropoloxía: Migración, turismo, expedición e introspección” están dedicadas dedicadas a achegar unha ollada antropolóxica ao mundo da viaxe en todas as súas dimensións, dende a migración ata a viaxe de investigación e a expedición, pasando polo turismo, as viaxes interiores ou a noción romántica da aventura.

A cita é do 22 ao 24 de novembro en Pontevedra. As charlas será no espazo cultural Nemonon, ao cal agradecemos a súa colaboración. Unhas xornadas que, un ano máis, contan coa colaboración e apoio do Concello de Pontevedra, Concellería de Patrimonio.

Este ano contaremos coa presenza das antropólogas Luzía Oca, Cristina Valdés e Carmen Arnau Muro, así como co antropólogo José Luis Cardero, o historiador Santiago del Valle e o explorador Diego Cortijo. Unhas xornadas, sen lugar a dúbidas, que serán fascinantes e agardamos sexan moi enriquecedoras para todos os asistentes..

Toda a información sobre o programa, actividades e horarios no dípticos adxuntos.

Grupo de Investigación UNI VIGO

 

Guía de VISITA ÓS SITIOS CON ARTE RUPESTRE

 

Día:16 de novembro

Localidade:Ourense

 

Con motivo do Dia Internacional do Patrimonio Mundial, daremos a coñecer a #TchacTchac, a nosa #paporroiba favorita, que será a nosa guía de visita aos sitios con #arterupestre#DíadoPatrimonio2019 Rede do Patrimonio CulturalGID en EducAcción Patrimonial-UVIGO. Nesta xornada terá lugar a presentación da guía de visita aos sitios de Arte Rupestre para centros de ensino e público en xeral.

Historia de Galicia – Monte Pindo – Patrimoniogalego.net

 

ROTEIRO POLO MONTE PINDO

 

Día:16 de novembro

Localidade: Monte Pindo (roteiro coas prazas esgotadas)

 

Un monte, tres castelos. Roteiro polo Monte Pindo guiado por Xil Caamaño e Manuel Gago.

PatrimonioGalego.net

TESOURIÑOS DA FAMILIA

Día:16 de novembro

Localidade: Galicia

Dende sempre as persoas nas casas, nos castros, nas aldeas, nos pazos e reitorais, deixaron agochados baixo pedras, en potes vellos, botellas o caixas, pequenos tesouriños. Hai unha chea deles que agroman no canto o asombro inunda a mirada. Os integrantes de Patrimonio Galego levan catalogadas perto de 11.000 bens, son os seus tesouriños, para celebrar o día do patrimonio publicarán unha selección das fichas favoritas dos equipo e dos catalogadores seniors de Patrimoniogalego.net para saír a percorrer o territorio.

ROTEIRO POLO MONTE PINDO- En colaboración con Historia de Galicia e Monte Pindo Parque Natural

patrimoniogalego.net

Asociación Lazoiro-Palcos da Música

Día:16 e 17 de novembro

Localidade: Galicia

Exposición do Proxecto 17 Parroquias.  Andaina para coñecer ao patrimonio de Alxén.

https://palcosdamusicagalegos.wordpress.com

Gentalha Do Pichel

MAGUSTO PICHELEIRO

Día:15 de novembro

Localidade: Santiago de Compostela

Esta sexta celebramos o magusto picheleiro! música ao vivo com Caamanho-Ameixeiras & Som da Gentalha (grupo instrumental do Pichel), obradoiro de cabaças, obradoiro de sobremesas de outono, castanhas, ceia e festa.

https://www.facebook.com/gentalha.dopichel/

Asociación de Veciños O Chedeiro

CONFERENCIA: A PROTECCION E A CURACIÓN NA CULTURA POPULAR GALEGA

Día:15 de novembro

Localidade: Casa do Pobo Lugar de Tilve

No marco do Ciclo de Conferencias Milenario de Cerponzóns a Asociación de Veciños O Chedeiro, coa colaboración da Concellería de Cultura do Concello de Pontevedra, presenta a conferencia do Antropólogo Rafa Quintía. Celebran así o Día do patrimonio, coa divulgación ducha parte moi importante da cultura popular.

Comunidade de Montes de Baroña

Día: 15 e 16 de novembro

Lugar:Baroña

15 de novembro

A linguaxe das campás. Actividade para os nenos e nenas do CEIP Campanario.

Roteiro polo patrimonio de Baroña cos nenos e nenas de 3º,4º e 5º de primaria. Cruceiros, muíños, petróglifos…Pode participar público en xeral.

16 de novembro

9.00-Xornada

Limpeza no entorno dos muíños de Fontán .

17.00 “I Xornada sobre o Patrimonio Inmaterial de Baroña” Recollida de cantigas, lendas e contos. Receitas tradicionais: palmazos, pandulhos e tripas, bolos do pote, filhas, chulas. Mais info 679156855