16 de Novembro: A Rede do Patrimonio únese ao Día do Patrimonio Mundial

Este 16 de novembro de 2017 celébrase o Día do Patrimonio Mundial, promovido pola UNESCO (A Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura). A Rede do Patrimonio Cultural quere contribuír á visibilización do patrimonio cultural galego e das entidades que o promoven, protexen e poñen en valor, ofrecendo por primeira vez un calendario conxunto de actividades do movemento social ao redor do patrimonio cultural de Galicia.

Emprega o hashtag #DiadoPatrimonio para as túas comunicacións nas redes sobre o evento!

Somos 25 entidades da Rede do Patrimonio Cultural e 39 actividades nas que podes participar, unirte, coñecer e gozar do noso patrimonio cultural. Xunto a cada entidade proporcionamos unha ligazón na que podes contactar con ela para obter máis información sobre a actividade. 

MAPA DE ACTIVIDADES

LISTA DE ENTIDADES E ACTIVIDADES

Amigos de Historia de Galicia 

Unha programación especial de artigos no web co gallo do Día do Patrimonio!

[Web de Historiadegalicia.gal]


Amigos do Patrimonio de Castroverde 


Fundación Terra Termarum (Cuntis) coa colaboración de Asociación Amigos dos Castros

 


Asociación Batistales

Concerto de campás nas igrexas de Mondoñedo.

[Facebook da Asociación Batistales]


Asociación Cultural Apelón Educación 

Día/Lugar/Hora. 18 de Novembro. Saída Praza do Concello de Mugardos ás 10 horas.

Aberta ao público


Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte nas Ondas

“Retransmitindo o Vindel” . Trátase de que alumnos e alumnas de escolas galegas e portuguesas fagan un programa de radio, que se emitirá a través da nosa páxina por INTERNET, falando do  Pergamino Vindel e das Cantigas Medievais.

O programa terá lugar no Auditorio do Museo do Mar de Vigo dende as 10.00 horas do día 16 e poderá ser seguido quer en directo dende a propia sala quer a través de INTERNET no noso web.


Asociación de Amigas do Parque do Pasatempo 


Asociación Cultural O Colado do Vento e Asociación Galega de Antropoloxía (AGANTRO) 


Asociación Festa da Prehistoria de Mos

Visita a “A Laxe das Cruces”.

[Facebook da Festa da Prehistoria de Mos]


Asociación Monte Pindo 


Asociación Monte Pituco 

Visita aos conxuntos rupestres da Carrasca e Champás, especialmente os gravados que foron recentemente descubertos e que se atopan en proceso de catalogación.

https://montepituco.com/2017/04/01/tres-novos-xacementos-arqueoloxicos-no-monte-de-san-xulian/

Os guías da ruta serán o naturalista e experto en patrimonio Paulo Troitiño, a xornalista Paz Castro e Cándido Martínez, da Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo.


Asociación para a Defensa do Patrimonio Cultural Galego e Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia


Asociación Peton do Lobo, Asociación Galega Cova Crea, Asociación Ouriol do Anllóns

Visita e charla informativa sobre a historia do antigo cemiterio civil de Corcoesto. Tras as pegadas da nosa historia: o antigo cemiterio civil de Corcoesto. Á procura da súa posta en valor.

Día/Lugar/Hora: 18 de novembro ás 16 horas, no lugar de Cortiño, parroquia de Corcoesto, municipio de Cabana de Bergantiños (A Coruña).


Asociación Profesional CRG 


Clube da Lingua (IES Marco do Camballón, Vila de Cruces)

Mércores, 15 de novembro.

Palestra: “Património material e inmaterial do Deza e as Cruzes: os nossos castros, as nossas lendas”.
Por Xoan Carlos Garcia Porral e Antonio Presas.


Gentalha do Pichel 

– III Conversas sobre a gestiom cultural e apresentaçom do tríptico sobre o Megalitismo em Compostela.

– Roteiro por castros e mámoas do concelho.

[web da Gentalha do Pichel]


Mariña Patrimonio 


Liga Céltica Galaica 

[Facebook da Liga Céltica Galaica]


O Sorriso de Daniel 

O Sorriso de Daniel fará o domingo 19 unha xeira románica por Guntín pola mañá e unha visita guiada ao museo diocesano de Lugo, todo guiado por Carola Casal.

[Facebook de O Sorriso de Daniel]


Patrimonio dos Ancares 

[Facebook da Asociación]


Patrimonio Galego 

Xuntanza de catalogadores de patrimoniogalego.net

[web de patrimoniogalego.net]


Xermolos 

Percorrido ata a Pena Xiboi de Parga.

[Consultar web]