16 de novembro: celebramos o Día do Patrimonio Mundial desde Galicia

Este 16 de novembro de 2018 volvemos celebrar, por segunda vez, o Día do Patrimonio Mundial, promovido pola UNESCO (A Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura). A Rede do Patrimonio Cultural contribúe á visibilización do patrimonio cultural galego a través dunha chea de actividades organizadas polas entidades adheridas, organizadas nun mapa e calendario conxunto. Temos de todo como nunha tenda de aldea: desde visitas didácticas e roteiros ata conferencias e encontros.

Emprega os cancelos #DiadoPatrimonio #Anoeuropeodopatrimonio #RededoPatrimonio para as túas comunicacións nas redes sobre o evento!

MAPA DE ACTIVIDADES

LISTA DE ENTIDADES E ACTIVIDADES


 

Asociación Monte Pituco

O vindeiro venres 16 de novembro conmemórase o Día Mundial do Patrimonio e, con tal motivo, a Asociación Monte Pituco organiza as ‘II Xornadas pola protección e posta en valor do patrimonio de San Xián’ con dúas actividades:

– O propio venres 16 ás 20:00h na Adega A Capeleira de Marín (rúa do Forno, 23) faremos unha ‘barferencia’ coas intervencións de Juan e Rafael Areses, o equipo xurídico que fixo posible acadar dúas importantísimas sentenzas -que xa son firmes e irrevogables- do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ordeándolle ao Concello de Marín anular a clasificación de solo industrial no PXOM ao Monte Pituco, e obrigando a Xunta a retirar o Monte Pituco do Plan Sectorial de Áreas Empresariais de Galicia.

Tamén entregaremos agasallos ás persoas que participen no ‘Certame Fotográfico O Balcón da Ría’, que ten aberto o prazo de envío de imaxes ata o 9 deste mes. Consiste en achegarse ata o Monte Pituco, tomar unha ou varias fotografías que che agraden e compartilan en Facebook etiquetando a páxina Salvemos o Monte Pituco (Pornedo) ou en Instagram o perfil OBalconDaRia. As imaxes estarán expostas na Adega A Capeleira durante a ‘barferencia’.

– O sábado ás 10:00 horas, con saída dende a arboreda do Monte Pituco (na estrada provincial EP-0019 Marín-Figueirido, á altura do cruce do Regueiriño), percorreremos o perímetro do territorio que estaba proxectado como polígono industrial, visitando os xacementos arqueolóxicos e outros puntos de interese cultural e paisaxístico.

Trátase dunha acción simbólica de ‘reparación’ pola loita social e xudicial que desenvolvemos durante os últimos nove anos e que tivo como recompensa esta dobre vitoria nos tribunais.

Toda a información sobre as ‘II Xornadas de protección e posta en valor do patrimonio de San Xián‘ e o ‘Certame Fotográfico O Balcón da Ría’ está dispoñible no blog do Monte Pituco:

https://montepituco.com/2018/

https://montepituco.com/2018/


Sociedade Antropolóxica Galega

A Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) participa e súmase a esta celebración do Día do Patrimonio coas súas III Xornadas de Antropoloxía, que se celebrarán en Pontevedra os días 16, 17 e 18 de novembro.

Lugar: Casa da Luz. Praza da Verdura. Pontevedra.

[programa en pdf]


Apatrigal. Asociación para a defensa do patrimonio cultural Galego.

O día 16 de novembro celébrase o Día Internacional do Patrimonio Mundial, e este ano ímolo celebrar en FERROL, en colaboración coa delegación ferrolá do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia

Será un PASEO GUIADO polos barrios da Magdalena e Canido, para que nos expliquen dous elementos urbanos que son patrimonio cultural, en distinto ámbito e en distinta época:

– O MODERNISMO, a arquitectura modernista

– AS MENINAS, como recurso pictórico innovador para recuperar un barrio

A actividade celebrarase o SÁBADO 17, a partires das 11:30 horas, e aínda que é GRATUÍTA, hai que se inscribir: apatrigal@gmail.com

A duración estimada é de DÚAS HORAS.

Paga a pena, porque o Modernismo Ferrolán é un completo descoñecido para moitos, incluso do Ferrol, e as Meninas é único.


Escola de conservación e restauración de Bens Culturais

o fin de celebrar o Día do patrimonio (16 de novembro) e fomentar o coñecemento e difusión do patrimonio cultural, a Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia promove un concurso entre o alumnado de secundaria e bacharelato de centros de ensinanza de Galicia.

Durante o prazo establecido, e dende unha ou varias das materias impartidas no currículo, as clases de alumnos de secundaria ou bacharelato de centros de ensino de Galicia que desexen participar deberán elaborar de forma colaborativa unha única ficha sobre un elemento do patrimonio cultural próximo ó seu centro de ensino que consideren que mereza unha especial atención por parte da sociedade, sexa pola súa importancia, porque pase desapercibido, porque requira urxentes actuacións de conservación e restauración ou por outros motivos xustificados.

Podedes consultar AQUÍ as bases do concurso.

Os días 14, 15 e 16 de novembro vai ter lugar no Sexto Edificio a octava edición do Encontro de Conservación e Restauración, organizada polo Museo de Pontevedra e a Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia. O conxunto patrimonial no que se vai centrar este ano 2018 é a Arte rupestre.

Nesta ocasión un grupo de expertos abordarán temas moi amplos relacionados con este patrimonio dende a descripción das súas características ós métodos de estudo e conservación, con magníficos exemplos dalgunhas solucións de protección.

A inscripción pode facerse ata o día 9 de novembro.


Asociación cultural e pedagóxica Ponte nas ondas

Na celebración do Día do Patrimonio.

Actividade: Acto de entrega dos premios do I Certame Escolar de Recolla de Fotografías do Patrimonio

Terá lugar na Casa da Cultura de Salvaterra de Miño o día 16 de novembro ás 11 da mañá.


Mariña Patrimonio

EXPOSICIÓN DE ÚTILES LÍTICOS DO PALEOLÍTICO EN CERVO NO DÍA INTERNACIONAL DO PATRIMONIO.

Cervo, 14 de novembro de 2018.- Con motivo do Día Internacional do Patrimonio Mundial, que se celebra o16 de novembro, as asociacións culturais Fervenza de Sargadelos e Mariña Patrimonio sumámonos á iniciativa da Rede do Patrimonio Cultural para conmemorar esta efeméride.
A nosa achega consistirá nunha exposición de útiles do paleolítico, achados nos últimos anos de forma casual en distintos lugares da Mariña. Estes útiles serán depositados, rematada a exposición, no Museo Arqueolóxico de Vilalba, seguindo as indicacións de Patrimonio.
A exposición poderase visitar do 16 ao 30 de novembro na Casa do Concello de Cervo, de luns a venres, en horario de 9.00H a 14.00H. Por outra banda, o 23 de novembro está previsto realizar pola mañá unha actividade con alumnado do IES Marqués de Sargadelos que, ademais de visitar a exposición, asistirán a unha charla informativa sobre o paelolítico e participarán nun obradoiro de fabricación de útiles líticos. Ese mesmo día pola tarde, ás 20.00h, o Director do Museo Arqueolóxico de Vilalba, Eduardo Ramil Rego, impartirá unha conferencia sobre os primeiros poboadores de A mariña.
Tanto a exposición coma os diferentes actos, contan coa colaboración do Museo Arqueolóxico de Vilalba, da Asociación de Amigos do Museo de Vilalba e mais do Concello de Cervo.


Comunidade de Montes de Baroña.

O día 16 de Novembro está enfocado para os alumnos do C.E.I.P. Campanario de Baroña pero as xornadas tanto do sábado 17 como a do domingo 18 son de acceso libre para todos aqueles que queiran participar.

Queremos con isto poñer o noso gran de area na promoción, divulgación e coidado do noso patrimonio.

Aproveitaremos eses días para promocionar o libro que fixo a Comunidade sobre os petróglifos da nosa parroquia do autor Manuel Mariño del Río, que ten un prezo de venta ó público de 10 € (13€ con envío incluído a calquer parte de España).


Irmandade Druídica Galaica.

Informamos que no sábado 10 de Novembro terá lugar o V Magusto Celta na localidade raiana de Pitões das Júnias (Montalegre). Esta quinta ediçom encontra o seu paralelo tamém nas jornadas culturais e de divulgaçom galaico-portuguesas de cada Maio (já informaremos dessas quando fechemos programa).

Todas estas actividades estám organizadas pola Junta de Freguesia local, pola associaçom galega Desperta do Teu Sono (Ourense) e nós mesmo, a IDG, assim como algumhas outras associaçons e instituiçons de ambos lados da raia. É, como sempre, um autêntico encontro transfronteiriço entre iguais.

Adjuntamos programa/cartaz deste ano e, como curiosidade, algumhas fotografias do ano passado nesta ligaçom: https://www.cm-montalegre.pt/


O Suído

XESTA VELLA. Recuperando a historia e a memoria da parroquia

Ano Europeo do Patrimonio Cultural 2018

OBRADOIRO PARA A RECUPERACIÓN DO PATRIMONIO INMATERIAL

LUGAR:

CASA DO POBO DE  XESTA. (A LAMA) SÁBADO 17 DE NOVEMBRO DE 2018.

17:00 A 20:00 HORAS.  ENTRADA DE BALDE


Asociación Petón do lobo.

Actividade: “Coñece Sta. Mariña do Remuíño”.

Día: 17 de novembro de 2018 ás 16 horas na carballeira de Sta. Mariña do Remuíño, parroquia de Corcoesto, municipio Cabana de Bergantiños.

Contido da actividade: visita ao retablo da capela do ano 1873, do pintor galego Xosé Garabal, visita ao monte das Pedras de Sta. Mariña e historia dos 46 dólmentes do lugar de Cudeiro, referenciados polo poeta pontecesán Eduardo Pondal.


Asociación Cova Crea

Descrición da actividade:

Faremos un roteiro, un paseo polo lugar de Bello, na parroquia de Corcoesto.

Comezamos o paseo no lugar da Braña, onde o cruceiro da Braña, para visitar a continuación o xacemento arqueolóxico do Castro e baixar despois a Súas Vilas, co seu antigo lavadoiro á beira do rego de Sta. Margarida de Baneira, aos pés do monte Perrol. Desde alí observamos o viaducto de pedra do val de Bello. Durante a andaina faremos un repaso á tipoloxía de cabazos do lugar, visitaremos o cruceiro de Bello. Remataremos onde empezamos, camiñando á beira do rego de Santa Margarida.

Lugar e data:

Lugar de Bello, parroquia de Corcoesto, municipio de Cabana de Bergantiños (A Coruña).

Sábado, 17 de novembro, a partir das 11 horas.


Amigos do patrimonio de Castroverde

Roteiro ao convento de Montecubeiro. Percorrido ata Castroverde Pasando por Bolaño e con visita a Torre da Fortaleza.

Xantar

Presentación no concello vello dos documentais dos socios:

Madre y maestra (Serafín R. Trashorras)

A viaxe de Ruth (José Reigosa)

Magosto na Praza do Concello

[programa en pdf]


O clube da lingua

O Clube da Lingua participará num acto o 22 de novembro na Biblioteca Anxo Casal de Compostela, onde celebraremos -aínda que em diferente dia- o Dia do Patrimonio. Organizamos como parte da Regueifesta.

Título: Regueifesta é Património : a regueifa e a festa como património da gente nova

Organiza: Regueifesta

22 de novembro, A partir das 17.30

Biblioteca Anxo Casal, dentro das Xornadas de Tradición Oral

Santiago de Compostela

Participará alunado regueifeiro de Vila de Cruces e Baio e Regueifeiras da escola Semente.

Será o acto de apresentaçom da Regueifesta 2018 – 2019, e anunciara-se a programaçom deste ano com a incorporaçom ao projeto de Portugal e os cantares ao desafio, ademais de continuar o trabalho com Euskal Herria e Catalunha.

Dedicaremos especial atençom ao património imaterial e o reconhecimento ao trabalho de Antonio Fraguas.


Asociación Palcos da música

Dende Palcos da música queremos compartir a actividade expositiva da Asociación Lazoiro, da que tamén formamos parte.


Sociedade histórica e cultural Columna Sanfins.

Visita de campo a Capela de Sanfins.


Plataforma pola defensa do Monte Neme.

Aproveitando o roteiro anual organizado por Senda Nova “As Pegadas do Volframio”, organizamos conxuntamente dende a Plataforma Monte Neme una pequena ruta guiada polos puntos de interese do cumio do Monte Neme (crómlech da Eira das Meigas, lugar da capela de Santa Cristina, antenas) cun 360 de interpretación paisaxística dende alí. Posterioremente, todos xuntos farase un circulo humano simbólico na Eira e a lectura dun manifesto de ensalzamento do Patrimonio por parte de Xan Fraga (recoñecido historiador local), Evaristo Domínguez Rial, Xosé Manuel Varela e representantes das entidades da plataforma.

Será o Domingo 18, quedada ás 13:30 na explanada da antiga planta clasificadora no cumio do Monte Neme.

A actividade vai englobada nun programa da plataforma no mes de Novembro, Ecos do Nemio, o cal estamos aínda pechando e queremos facer a difusión conxunta a mediados desta semana.


PHOT0003.JPG

Colectivo Patrimonio dos Ancares

Para celebrar o día Internacional do Patrimonio Mundial, os do Colectivo Patrimonio dos Ancares visitaremos varias necrópoles megalíticas do concello de Navia de Suarna, dende o Alto do Restelo a Louxas.


Patrimoniogalego.net 

Non pasa un ano por ti…ou si?

Para este 16 de novembro, Día do Patrimonio Mundial, patrimoniogalego.net lanzará unha nova ferramenta: os Mapas Enfrontados. Todo o noso catálogo de máis de 10.000 bens culturais de Galicia, ubicados sobre o ‘voo americano’ de 1956 e, simultaneamente, ofrecendo a súa vista actual.

Así podedes verificar con facilidade a transformación da paisaxe, as agresións ao patrimonio ou mesmo…a súa existencia na actualidade.

Pode consultarse en patrimoniogalego.net


Colectivo A Rula

Visita nocturna ó Castriño de Conxo.

Día 17 as 19:30

Rúa Volta do castro


Asociación de amigos do Museo do Castro de Viladonga

Aínda conscentes de que a conmemoración dos habituais “Dia de…” pouco repercuten nos problemas e na crúa realidade cotiá, neste caso a relacionada co Patrimonio no seu máis amplo sentido, a Asociación de Amigos do Castro de Viladonga terá unha lembranza para este tema na súa asemblea anual do 24 de novembro, seguida dunha visita comentada ós últimos traballos arqueolóxicos que se realizan no xacemento.


Asociación Cultural Festa da Prehistoria

Día 18: IV Irmanamento pola Serra do Galleiro

Día 24: Presentación do documental “O penedo que quixo ser castelo”


Asociación Monte Pindo Parque Natural

Día do Patrimonio. Participaremos un ano máis nas actividades que coordina a Rede de Patrimonio Cultural, da que formamos parte, en conmemoración do Día Internacional do Patrimonio, cunha visita guiada o sábado 17 de novembro aos restos do Castelo de Penafiel, da man dun experto.


Nordés Faladora

Charla a cargo de Hixinio Puentes. Escritor e historiador local.

O valor patrimonial e a historia da obra Pia.

Día 17 as 19:30

Na Obra Pía (Mogor) O Barqueiro


Asociación Cultural Cultura do País

O domingo 18 de novembro fanse cen anos da sinatura e difusión pública do Manifesto de Lugo, primeiro programa político do nacionalismo galego elaborado na asemblea convocada polas Irmandades da Fala na nosa cidade.

Con motivo desta efeméride en Cultura do País quixemos realizar un acto de recoñecemento e homenaxe aos membros das Irmandades que tiveron un papel tan relevante na construción nacional e na historia do nacionalismo galego. Este evento será unha función interdisciplinar que consistirá nun espectáculo de danza, música, teatro e poesía desenvolvido por persoas asociadas e simpatizantes da nosa Asociación.

A esta actividade, que terá lugar o vindeiro domingo 18 de novembro ás 17:00 hs. na Sala Almirante do Hotel Méndez Núñez (r/Raíña, 1), puxémoslle como título ‘A lus da estrela que brila ó lexos’, texto provinte dun verso do poema ‘No escuro’, de Ramón Cabanillas (Vento Mareiro, 1915).

A través da presente comunicación queremos convidar ao voso colectivo á representación desta función, e a facer extensíbel o convite ao voso círculo social máis próximo. Agradeceriamos para termos previsión de asistencia que nos confirmarades a presenza antes do 15 de novembro nos enderezos que ofrecemos a continuación:


Organiza Museo das Peregrinacións- Colabora Asociación CRG-

Presentación no Museo das Peregrinacións da restauración de dúas taboas policromadas,  na cal participa un dos nosos socios Tau restauración.

Dia 16 de novembro as 19:00 no Museo das Peregrinacións de Santiago de Compostela

—————————————————————————————————————————————————————————————–

Custodia do Bosque atlántico Betula

Dende a Asociación Betula, a actividade que temos prantexada facer é ir á escola dos Casais a darlle unha charla aos pequenos sobre o noso patrimonio e a súa importancia.

E logo, se o tempo nolo permite, sairemos a facer unha ruta para que vexan algún elemento patrimonial da súa contorna.


Buxa, Asociación Galega do patrimonio Industrial.

O vindeiro martes, día 13 dos correntes (ás veces non e doado escoller a data), faremos a nosa aportación co relatorio “Panorama industrial de Vigo nos decenios de 1940 e 1950”. Achégase a convocatoria.


Asociación Apelón Educación

Para conmemorar o Día Internacional do Patrimonio a nosa asociación vai realizar unha saída a Ferrol o próximo sábado 17 de novembro. Imos visitar o Pazo de Capitanía e o Cuartel de Dores. A arquitectura militar tamén é o noso patrimonio.

————————————————————————————————————————————————————————————————————————–

Asociación Amigos do Arqueolóxico

SÁBADO, 24 de Novembro.

Visita a igrexa de San Xiao Moraime, no concello de Muxía, para ver o resultado da restauración de seu excepcional conxunto de pinturas ó fresco de comezos do século XVI, nas que están

representados os Pecados Capitais, unha temática pouco frecuente na arte peninsular. Nun prado ó carón da igrexa volve a estar á vista unha fonte medieval escavada por Chamoso Lamas nos anos 70 (que el identificaba como romana).

Achegarémonos a ver tamén as Caldeiras do Castro, unha fermosa paisaxe fluvial que no verán é unha concorrida área recreativa; a casa-museo do fotógrafo da Costa da Morte, Ramón Caamaño; e a igrexa de San Pedro de Leis, que garda no seu interior un fermoso Crismón románico.

Se o día non está chuvioso ou venteado iremos tamén ata cabo Touriñán.

Hora de saída: 9,00 horas dende as paradas habituais (Porta Real, praza de Ourense, Catro Camiños, Fonte das Paxariñas).

Para anotarse, hai que chamar a Carmen ó telf: 649-981862

http://www.arqueoloxico.com/


Grupo de Innovación Docente en Educación Patrimonial da Universidade de Vigo

Con motivo do día internacional do Patrimonio, o noso Grupo de
Innovación Docente en EducAcción PAtrimonial GID en EducAcción
Patrimonial-UVIGO presenta o libro “A Pedra do Encanto. Os relatos
das Vellas Pedras”, editado mediante unha axuda económica para a
divulgación das actividades desenvolvidas polos grupos de innovación
docente da Universidade de Vigo.
Achégarase copias impresas aos distintos centros educativos
e bibliotecas da comarca de #Arousa e #Salnés, e faremos entrega
dun lote na Axencia De Lectura De Bamio.

—————————————————————————————————————————————————————————————————————————————–

Asociación Batitales xunto co Concello de Mondoñedo.

DIA DO PATRIMONIO “A PRAZA” VISITA GUIADA
Con motivo do Día do Patrimonio Mundial (16 de Novembro) , as entidades asociativas da Rede do Patrimonio Cultural súmanse á iniciativa da UNESCO para axudar a poñer en valor o inmenso patrimonio cultural de Galicia, celebrando diversas actividades o longo da fin de semana próxima.
Unha das actividades será a organizada en Mondoñedo por Batitales coa colaboración do Concello de Mondoñedo: Unha visita guiada por expertos A Praza da Catedral o 18 de novembro, con inicio as 17:30h nos soportais da Praza.

Os encargados de guiarnos na visita serán:

Roberto Reigosa Méndez: Historiador da arte

Abel Vigo García: Historiador de Doctor en Arqueoloxía
A actividade é gratuita aberta para todos o interesados en profundizar no coñecemento da cidade de Mondoñedo, da súa historia, do seu patrimonio.


O Colado do Vento

O monte tamén é cultura. Charla Coloquio


Asociación Parque del Pasatiempo.


 

Asociación de Veciños O Chedeiro de Cerponzons

O obxectivo das pontes sempre foi o de unir : beiras, pobos,culturas, identidades…
O obxectivo da Asociación de Veciños O Chedeiro de Cerponzons é o de unir, neste caso o pasado e o futuro da nosa Ponte Malvar

No día do Patrimonio queremos difundir a súa historia

A Ponte Malvar, pasado e futuro