16 de novembro: na REDE celebramos o Día Mundial do Patrimonio
Diversas entidades adheridas a Rede do Patrimonio organizan actividades moi diversas ao longo de todo o territorio.
Dende o 9 ao 25 de novembro, conferencias, mesas redondas, rutas, visitas, concertos, recollida de tradición oral, encontros, limpeza de xacementos, xornadas de investigación e divulgación, publicacións de guías, concursos fotográficos, difusión de catálogos, xestos de agarimo ao noso….
E para todas as idades! infantil, primaria, adultos…
Coma sempre elaboramos o mapa de actividades para que poidades escoller.
Bulide! Queremos #QueSeVexaOPatrimonio #DíaDoPatrimonio2019 #RedeDoPatrimonio
Aqui tedes o Mapa das Actividades do Día do Patrimonio 2019
Asociación Amigos dos Castros e Fundación Terra Termarum Castrolandín
Día:15 e 16 de novembro
Localidade: Cuntis
A Asociación Amigos dos Castros e a Fundación Terra Termarum Castrolandín, coa inestimable colaboración do CPI Aurelio Marcelino Rey García, convocan aos veciños e amigos do patrimonio de Cuntis a unha xornada de divulgación que rematará cun abrazo a muralla do castro e gran fotografía.
Asociación Amigos do Patrimonio do Castroverde
A FORTALEZA E A SÚA CONTORNA QUE PASEN A SER DE DOMINIO PÚBLICO
Día: 16 de novembro
Hora e localidade: 9:30 en Castroverde
Respondendo á chamada mundial en defensa do Patrimonio o vindeiro 16 de outoniño, esta asociación celebra dita efeméride facendo unha chamada ás administracións oficiais e entidades privadas para activar a reversión inmediata ao dominio público da Fortaleza de Castro Verde e o seu conxunto histórico, con especial incidencia na urxente recuperación do acceso libre á cisterna orixinaria do castelo medieval, cuxa senda de entrada permanece actualmente atrancada por un particular, impedindo a visita e posta en valor do seu monumental pozo de grandes dimensións e cuberta en bóveda, un dos recursos mellor conservados na croa do Castro sobre o que se ergue o emblema do poder señorial na Terra de Castro Verde.
Durante a mañá do sábado 16, os asistentes realizarán un novedoso roteiro que partindo da parroquia de Bolaño percorrerá a traza dos vellos camiños que comunican a cova da Valiña e Castro de Xivil co conxunto castrexo e medieval da capital municipal, á beira do curso alto do río Chamoso e da cova das Vitureiras, unha antiga rede viaria acondicionada pola brigada municipal a tal efecto e que permitirá recuperar o diálogo con este privilexiado entorno e a reconciliación co seu ilustre pasado.
Programa:
9:30 h. en Castro Verde
10:00 h. na Cova da Valiña
10:00 h.-13:30 h, percorrido da Cova da Valiña- Bolaño ata a Fortaleza.
14:00 h. Xantar.
Contaremos coas explicacións do historiador e socio Ricardo Polín.
Comunicar asistencia antes do día 10 de novembro por motivo de organización (autobus e xantar) a: amigospatrimoniodecastroverde@gmail.com ou ao 659 523960
Asociación Cultural Os Penoucos
PRESENTACIÓN DE WEB
Día: 16 de novembro
Localidade: Valga
Coincidindo co Día do Patrimonio Mundial realizarase o lanzamento e presentación da web obaixoull.gal | patrimonio + territorio + paisaxe que terá lugar en Valga, na Casa de Rosalía.
Asociación Monte Pituco (Pornedo)
III XORNADAS POLA PROTECCIÓN E POSTA EN VALOR DO PATRIMONIO DE SAN XIÁN
Días: 15 e 16 de novembro
Hora e lugar: o día 15 ás 20:30 na Adega A Capeleira
o día 16 a partir das 10:00 na arboreda do Monte Pituco
O colectivo Monte Pituco celebrará os días 15 e 16 de novembro as ‘III Xornadas pola protección e posta en valor do patrimonio de San Xián’, dedicadas ao legado do mestre marinense -e experto en arqueoloxía- Carlos Paratcha Vázquez.
A primeira sesión será o venres 15 ás 20:30 horas na Adega A Capeleira, coa participación do doutor José Casal e do arqueólogo Antonio de la Peña nunha ‘barferencia’ na que se trazará o perfil biográfico de Paratcha.
Trala homenaxe, ao día seguinte, sábado 16, co gallo do Día Mundial do Patrimonio Cultural, realizarase unha andaina a partir das 10:00 horas dende a arboreda do Monte Pituco, para visitar varios xacementos que descubriu, como os conxuntos rupestres do Pornedo, A Carrasca e Champás.
No marco das III Xornadas pola protección e posta en valor do patrimonio de San Xián, o colectivo Monte Pituco volveu convocar por segundo ano o Certame Fotográfico ‘O balcón da ría’. A participación consiste en tomar imaxes do Monte Pituco e dos arredores, e compartilas nas redes sociais etiquetando en Instagram o perfil “obalcondaria” ou en Facebook a páxina “Salvemos o Monte Pituco (Pornedo)”. Admitiranse fotografías da paisaxe, da flora e da fauna, dos mananciais, dos xacementos arqueolóxicos, dos sendeiros e doutros elementos que realcen o valor visual, natural e cultural da zona, acompañándoas cun breve texto descritivo.
O venres 15 de novembro, ao remate da ‘barferencia’ de José Casal e Antonio de la Peña na Adega A Capeleira, entregaranse agasallos ás autoras e autores das imaxes máis valoradas. O prazo para achegar instantáneas permanecerá aberto ata o domingo 10 de novembro.
Asociación para a defensa do Patrimonio Cultural Galego (APATRIGAL)
VISITA AO INTERIOR DO MODERNISMO DE VERÍN
Día: 16 de novembro
Localidade: Verín
O día 16 de novembro teremos a oportunidade única de visitar os edificios e espazos deseñados por García Barbón e Vázquez Gulías na vila de Verín grazas á colaboración xenerosa dos propietarios, de Cabreiroá, e do Concello de Verín, coa colaboración do COAG-OUrense (Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia) e do Museo Virtual Daniel Vázquez-Gulías
https://www.facebook.com/apatrigal/
Asociación Profesional de Guías de Galicia
MESA REDONDA:PATRIMONIO E SOSTENIBILIDADE
Día: 14 de novembro
Lugar: Lugo
A Asociación Profesional de Guías de Galicia participará na Mesa Redonda: Patrimonio e Sostenibilidade
Con motivo do Día Internacional do Patrimonio a Rede Museística da Deputación de Lugo organiza unha serie de actos ao longo do mes de novembro para poñer en valor o Patrimonio Cultural da provincia de Lugo, Estes actos terán lugar
Xoves, día 14 de novembro de 2019.
Ás 18:00 horas, na Sala Multiusos do Museo Provincial de Lugo, mesa redonda sobre Patrimonio e sostibilidade, moderada por Encarna Lago González, xerente da Rede Museística da Deputación de Lugo, que contará coas intervencións de:
– Mónica Díaz e Beatriz Pérez Pereira, da Asociación de Guías de Galicia.
– Pilar Sánchez Monje, de O sorriso de Daniel.
– Silvia Fiallega Lorenzo, da Rede Museística da Deputación de Lugo.
– María Núñez Pertejo, da Axencia Tee-Travel.
– Xosé Figueroa Lorenzana, do Pazo de Sabadelle Ecoagroturismo.
O Suído
VICVS
Día: 16 de novembro
Lugar: Reitoral de Fofe, Lugar da Aldea de Arriba, 13 O Chafallón – Fofe, Covelo.
Visita guiada polo territorio onde se desenvolven as tramas da serie da novela negra VICVS, na serra do Suido, da man do autor Beto Luaces
A participación na actividade está aberta a todos os públicos previa inscrición. Actividade aprazada
https://www.facebook.com/osuido/
Asociación Petón do Lobo e Asociación Galega Cova Crea
ROTEIRO POLO PATRIMONIO DO VAL FLUVIAL DO LOURIDO: TRAS OS 46 DÓLMENES CÉLTICOS DE CUDEIRO-CORCOESTO
Día: 16 de novembro
Hora e localidade: ás 10:00 en Baralláns (Corcoesto)
O roteiro polo patrimonio do val fluvial do Lourido (localizado entre os concellos de Cabana de Bergantiños e Coristanco) comezará ás 10 horas no lugar de Baralláns, na parroquia de Corcoesto e rematará ás 13:30 nun xantar na carballeira de Santa Mariña de Remuíño. A participación está aberta ó público.
https://www.facebook.com/PETONDOLOBO
Asociación CRD Entroido de Samede
PRIMEIRA XUNTANZA TRADICIONAL EN SAMEDE
Día: 23 de novembro
Hora e lugar: A partir das 11:00 no Local Social de San Xulián de Vigo
Obradoiros de sombreiros e colares de entroido, cantar comunitario, presentación do libro. “Historia e Recuperación do Entroido de Samede.”
Magosto.
Participación dos Sidros de Asturias
Colectivo A Rula
OBRADOIRO DE ARTE RUPESTRE
Día: 10 de novembro
Lugar: Teo
Dentro do programa de actividades da Feira do San Martiño 2019, realizaremos un obradoiro de arte rupestre deseñado para o público familiar. Adiantámonos uns días á celebración do Día do Patrimonio para participar neste gran evento social e da cultura popular da bisbarra compostelá.
O noso compañeiro, o artesán e debuxante Fran Ameixeiras, ten preparadas un amplo abano de actividades relacionadas coa arte rupestre para divertirnos xuntos e coñecer os petróglifos teenses.
Vinde o San Martiño!!!.
Actividade organizada en colaboración co Concello de Teo e incluída na oferta de actividades da Rede do Patrimonio Cultural co gallo do Día do Patrimonio Mundial (16 de novembro).
Mariña Patrimonio
COÑECER O PATRIMONIO DE LUGO FÓRA DE MURALLAS
Día: 23 de novembro
Localidade: Lugo
Máis info
https://www.facebook.com/marinhapatrimonio/
A actividade estará aberta ó público previa convocatoria.
Asociación Cultural Apelón Educación
DÍA DO PATRIMONIO: MUGARDOS ROMANO
Día: 16 de novembro
Hora e localidade: ás 17:30 en Mugardos
A partir das 17:30 terá lugar un Obradoiro de Perfumes e unha visita guiada aos Baños Romanos do Centro de Interpretación Caldoval que serán de balde. A continuación farase unha merenda (a escote, 3€)
https://www.facebook.com/apeloneducacion
O Sorriso de Daniel
ROTEIRO POLO ALBEOS MEDIEVAL
Data: 17 de novembro
Localidade: Albeos (Crecente)
Visita a igrexa de San Xoán e San Paio de Albeos, o mosteiro de San Salvador de Albeos (máis coñecido como San Paio), o Pazo da Fraga e a Torre de Fornelos
Neste enlace podedes anotarvos para a andaina polo Albeos Medieval https://forms.gle/JcoofTekknw6U3318
http://osorrisodedaniel.blogspot.com
Irmandade de San Estevo
ROTEIRO NATURAL E ARQUEOLÓXICO
Día:sábado 16 de novembro
Hora e localidade:10.00-Concello de Barreiros
Roteiro Natural e Arqueolóxico organizado pola Irmandade Santo Estevo
Irmandade de Augas Santas
ROTEIRO ESCOLAR
Día: 14 de novembro
Localidade: Barreiros
A Irmandade Augas Santas organiza un roteiro para o xoves 14 de novembro cos alumnos do CEIP San Cosme para concienciar ós nenos da importancia da divulgación, conservación e defensa do noso Patrimonio.
Amigos do arqueolóxico de A Coruña
XEIRA A COMPOSTELA
Día: 15 e 16 de novembro
Localidade: A Coruña-Santiago de Compostela
15 de novembro-Conferencia a cargo de Felipe Arias-“Museos: patrimonio, exposición e público”
O ano pasado, co gallo do 50 cumpreanos do Castelo de San Antón como Museo Arqueolóxico nesta asociación de Amigos do Arqueolóxico comezamos unha serie de charlas-conferencias, que pretendemos sexan anuais, baixo a temática xeral de “a arqueoloxía nos museos”.
Para celebrar este ano o 51 aniversario do Museo Arqueolóxico, o próximo venres, día 15 de Novembro, ás 8,00 da tarde, teremos como conferenciante ó arqueólogo Felipe Arias Vilas, quen durante moitos anos foi o director do Museo do Castro de Viladonga; ten realizado gran cantidade de intervencións en toda Galicia, e ocupou o cargo de Director Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia, entre outras cousas.
Pequeno coloquio.
Agardamos a vosa presencia.
Amigas e amigos do museo de Pontevedra
CONGRESO SOBRE PATRIMONIO CULTURAL
Día: 12 de novembro
Hora e lugar: ás 20:00 na Casa das Campás (Pontevedra)
As Amigas e Amigos do Museo de Pontevedra organizamos unha nova sesión do Congreso sobre Patrimonio cultural para o martes 12 de novembro, ás 20h, na Casa das Campás (Pontevedra). Desta volta o historiador da Arte, Daniel Lucas Teijeiro Mosquera, falará dos produtos de fundición de Sargadelos, polo que esta será a nosa actividade para o Día Internacional do Patrimonio 2019, á que vos convidamos.
Buxa Asociación Galega do Patrimonio industrial
PREPARACIÓN INFORME DE CONSERVACIÓN
En Buxa, Asociación Galega do Patrimonio Industrial, o que estamos a preparar un informe de apoio á conservación da liña de vagonetas de transporte teleférico de arxilas e outros materiais dende a Mina Mercedes ao embarcadoiro fluvial de As Caneiras, no termo municipal de Valga.
ENTREGA DOS PREMIOS DO II CERTAME DE RECOLLA DE IMAXES DO PATRIMONIO
Día:
Mércores 13. Presentación do II Concurso de Podcasts (En Compostela ).
Xoves 16. Día Internacional do Patrimonio. Lanzamento aos centros do
III Certame ” As imaxes do patrimonio ”
Luns 25. Acto de entrega dos premios do II Certame ” As imaxes do
patrimonio “.s 11:30 no Auditorio da Asociación Veciñal Valadares (Vigo)
A Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte…nas ondas! celebrará o Día do Patrimonio realizando varias actividades.
COLECTIVO PATRIMONIO DOS ANCARES
VISITA A ELEMENTOS PATRIMONIAIS DA VÍA DE KÜNIG
Día: 16 e 17 de novembro
Lugares: As Nogais, Becerreá, Baralla, O Corgo de Lugo
Con motivo da celebración o día 16 de novembro do Día do Patrimonio Mundial, dende o Colectivo Patrimonio dos Ancares organizamos unha serie de visitas a distintos elementos patrimoniais da denominada como Vía de Künig.
Entre o sábado e o domingo próximos achegarémonos ata a torre de Doncos (As Nogais), a igrexa mosteiral de Penamaior (Becerreá), a igrexa de Pacios (Baralla), Hospital de Chamoso (O Corgo) e o convento-fortaleza de Conturiz (Lugo).
/
Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA)
IV XORNADAS DE ANTROPOLOXÍA DE SAGA
Día: 22, 23 e 24 de novembro
Lugar: Espazo cultural Nemonon (Pontevedra)
Este ano as IV Xornadas de Antropoloxía da Sociedade Antropolóxica Galega: ”Viaxe e Antropoloxía: Migración, turismo, expedición e introspección” están dedicadas dedicadas a achegar unha ollada antropolóxica ao mundo da viaxe en todas as súas dimensións, dende a migración ata a viaxe de investigación e a expedición, pasando polo turismo, as viaxes interiores ou a noción romántica da aventura.
A cita é do 22 ao 24 de novembro en Pontevedra. As charlas será no espazo cultural Nemonon, ao cal agradecemos a súa colaboración. Unhas xornadas que, un ano máis, contan coa colaboración e apoio do Concello de Pontevedra, Concellería de Patrimonio.
Este ano contaremos coa presenza das antropólogas Luzía Oca, Cristina Valdés e Carmen Arnau Muro, así como co antropólogo José Luis Cardero, o historiador Santiago del Valle e o explorador Diego Cortijo. Unhas xornadas, sen lugar a dúbidas, que serán fascinantes e agardamos sexan moi enriquecedoras para todos os asistentes..
Toda a información sobre o programa, actividades e horarios no dípticos adxuntos.
Grupo de Investigación UNI VIGO
Guía de VISITA ÓS SITIOS CON ARTE RUPESTRE
Día:16 de novembro
Localidade:Ourense
Con motivo do Dia Internacional do Patrimonio Mundial, daremos a coñecer a #TchacTchac, a nosa #paporroiba favorita, que será a nosa guía de visita aos sitios con #arterupestre#DíadoPatrimonio2019 Rede do Patrimonio CulturalGID en EducAcción Patrimonial-UVIGO. Nesta xornada terá lugar a presentación da guía de visita aos sitios de Arte Rupestre para centros de ensino e público en xeral.
Historia de Galicia – Monte Pindo – Patrimoniogalego.net
ROTEIRO POLO MONTE PINDO
Día:16 de novembro
Localidade: Monte Pindo (roteiro coas prazas esgotadas)
Un monte, tres castelos. Roteiro polo Monte Pindo guiado por Xil Caamaño e Manuel Gago.
PatrimonioGalego.net
TESOURIÑOS DA FAMILIA
Día:16 de novembro
Localidade: Galicia
Dende sempre as persoas nas casas, nos castros, nas aldeas, nos pazos e reitorais, deixaron agochados baixo pedras, en potes vellos, botellas o caixas, pequenos tesouriños. Hai unha chea deles que agroman no canto o asombro inunda a mirada. Os integrantes de Patrimonio Galego levan catalogadas perto de 11.000 bens, son os seus tesouriños, para celebrar o día do patrimonio publicarán unha selección das fichas favoritas dos equipo e dos catalogadores seniors de Patrimoniogalego.net para saír a percorrer o territorio.
ROTEIRO POLO MONTE PINDO- En colaboración con Historia de Galicia e Monte Pindo Parque Natural
patrimoniogalego.net
Asociación Lazoiro-Palcos da Música
Día:16 e 17 de novembro
Localidade: Galicia
Exposición do Proxecto 17 Parroquias. Andaina para coñecer ao patrimonio de Alxén.
https://palcosdamusicagalegos.wordpress.com
Gentalha Do Pichel
MAGUSTO PICHELEIRO
Día:15 de novembro
Localidade: Santiago de Compostela
Esta sexta celebramos o magusto picheleiro! música ao vivo com Caamanho-Ameixeiras & Som da Gentalha (grupo instrumental do Pichel), obradoiro de cabaças, obradoiro de sobremesas de outono, castanhas, ceia e festa.
https://www.facebook.com/gentalha.dopichel/
Asociación de Veciños O Chedeiro
CONFERENCIA: A PROTECCION E A CURACIÓN NA CULTURA POPULAR GALEGA
Día:15 de novembro
Localidade: Casa do Pobo Lugar de Tilve
No marco do Ciclo de Conferencias Milenario de Cerponzóns a Asociación de Veciños O Chedeiro, coa colaboración da Concellería de Cultura do Concello de Pontevedra, presenta a conferencia do Antropólogo Rafa Quintía. Celebran así o Día do patrimonio, coa divulgación ducha parte moi importante da cultura popular.
Comunidade de Montes de Baroña
Día: 15 e 16 de novembro
Lugar:Baroña
15 de novembro
A linguaxe das campás. Actividade para os nenos e nenas do CEIP Campanario.
Roteiro polo patrimonio de Baroña cos nenos e nenas de 3º,4º e 5º de primaria. Cruceiros, muíños, petróglifos…Pode participar público en xeral.
16 de novembro
9.00-Xornada
Limpeza no entorno dos muíños de Fontán .
17.00 “I Xornada sobre o Patrimonio Inmaterial de Baroña” Recollida de cantigas, lendas e contos. Receitas tradicionais: palmazos, pandulhos e tripas, bolos do pote, filhas, chulas. Mais info 679156855