Imaxe corporativa

Este é o logo da Rede do Patrimonio Cultural:

Este logotipo identifica as accións e campañas da Rede de Patrimonio Cultural (RPC). Trátase dun elemento simbólico que representa a defensa e protección de calquera elemento do noso patrimonio cultural en calquera punto do noso territorio, a instancia de calquera das entidades asociadas.
Por iso, e a pesar de que o obxectivo da entidade puidera tentarnos a empregar representacións de elementos patrimoniais coma castros, castelos, mámoas… vemos máis acaído fuxir de elementos concretos e centrarnos en representar as principais funcións e valores da entidade, e que resumimos en:

● Defensa do patrimonio cultural galego.
● Denuncia das agresións e problemas do patrimonio cultural galego.
● Unión dos colectivos que hoxe traballan separadamente en defensa do patrimonio
cultural galego.

Atención, verifica nas Normas de uso se a aplicación que vas facer do logo é correcta. Podes consultalas aquí.

Símbolo
O motivo da elección dunha bandeira é que é un elemento moi recoñecíbel para calquera persoa, moi fácil de representar e reproducir en calquera
soporte ou escala. Ten asociados valores de reivindicación e denuncia, e tamén indica a cohesión dun grupo de persoas e entidades coas ideas claras
e uns intereses comúns, que se unen debaixo da mesma. Exemplos da efectividade deste símbolo son a multitude de entidades sociais que a usan para visibilizar as súas causas e tamén exitosas campañas concretas coma as bandeiras azuis para indicar a calidade turística das praias, moito máis
recoñecidas hoxe en día mesmo que os métodos de avaliación oficiais.

Variantes:

Logotipo da rede que poden usar as entidades asociadas nos seus soportes de comunicación (web, cabeceiras de redes sociais, etc.)

Logotipo en gris

Logotipos para redes sociais:

Recursos:

Manual de imaxe corporativa da Rede do Patrimonio Cultural (en pdf)

Normas de uso da imaxe corporativa da Rede do Patrimonio Cultural (en pdf)

Logo en vectorial (en rar)