A rede está constituída nestes momentos por numerosas entidades que representan a pluralidade dos intereses do patrimonio cultural desde o Navia até o Támega, desde As Médulas até Fisterra. Asociacións locais, comarcais, interrexionais ou nacionais. De asociacións centradas nunha época, nun tipo de monumento, no patrimonio inmaterial, xunto con entidades gremiais. De asociacións de veciños e comunidades de montes até fundacións. Toda unha Rede do Patrimonio Cultural.
Approved
Approved