Unirse

Calquera entidade que cumpra as condicións pode unirse á rede. É importante que verifiquedes que estades de acordo co documento de funcionamento e obxectivos da Rede do Patrimonio Cultural (podédelo consultar aquí). Tede en conta que o proceso de aceptación pode tardar varios días.

REQUISITOS E PROCEDEMENTO PARA PARTICIPAR  NA REDE:

  1.  Cómpre ser unha entidade civil de carácter e obxectivos culturais interesada na divulgación e protección do patrimonio cultural e sen ánimo de lucro.
  2.  É preciso comunicar formalmente a aceptación deste documento a través dun correo electrónico a redepatrimonio@gmail.com, e a aceptación das normas de funcionamento no rexistro da intranet. A comisión de coordinación fará unha primeira verificación de que a entidade cumpre o punto un deste procedemento. No caso de dúbidas, solicitará máis información á entidade e poderá someter a súa incorporación a unha votación dentro da Rede.
  3.  Unha entidade pode deixar de interesarlle participar  na rede en calquera momento,  previa comunicación formal por correo electrónico a redepatrimonio@gmail.com. A saída será efectiva en quince días desde a comunicación e substánciase no borrado da entidade das listas e campañas vixentes. As referencias á entidade non se eliminarán daquelas campañas e accións xa rematadas. Unha entidade que decidiu saír da rede pode volver a ela empregando o procedemento establecido unha vez teñan pasados doce meses da súa saída.
  4. Cando o comportamento dunha entidade en relación á RPC, ou un cambio nos obxectivos particulares da entidade, entre en contradición cos obxectivos desta rede pode perder a oportunidade de participar dela. A perda debe ser a petición de polo menos nove entidades. É preciso un debate previo na intranet da rede con exposición de motivos por parte das entidades promotoras e alegacións por parte da entidade afectada, durante o prazo de sete días naturais. Pasado ese prazo, realizarase unha votación. Unha entidade dada de baixa por este procedemento pode volver a ela pasados doce meses da súa saída.
  5. O mantemento dos servizos prestados pola rede requirirá unha mínima contribución económica de todas as entidades. As fórmulas de financiamento serán debatidas e votadas polo censo.